Cafetería y Restauración - Info. y Reservas: 981 04 56 51 · 635 64 34 35                                                                                 info@herculesgolf.com · 981 64 25 45

ESCOLA INFANTIL – CURSO 2022-2023

A escola deportiva do Hércules Club de Golf ofrece unha estructura adecuada para xogadores de calquera nivel, idade e experiencia, aberta tanto a nenos socios como non socios xa que facilita iniciarse na práctica deportiva, así como perfeccionamento e mellora, sea ou non con fins competitivos.

A iniciación a un deporte como o golf, con uns valores propios e únicos, así como a sua practica en plena natureza, convirteno no deporte perfecto para calquera idade.

O equipo de mestres está formado por Luis Portela Rial e Sergio Garcia Pérez.

GOLF – ESCOLA INFANTIL Curso 2022-2023

ALUMNOS

Nenos e nenas, tanto socios como son socios a partires de 5 anos.

NIVEIS

• Pre-golf, nenos de 5 a 6 anos

• Iniciación

• Perfeccionamento

• Avanzado – competición

GRUPOS Mínimo de 4, máximo de 6. Os grupos formaraos o responsable da escola atendendo as preferencias dos pais, idade e nivel de xogo dos nenos.

CALENDARIO Dende o 2 de outubro de 2022 ata o 25 de Xuño de 2023. As clases suspendense nas vacacións escolares: navidade, do venres 23 de Decembro o sábado 7 de Xaneiro e Semana Santa, do 3 o 9 de Abril de 2023.

HORARIOS (ORIENTATIVOS), pendientes de confirmación en función das inscripcións. Atenderanse, na medida do posible, as peticións de horario.

DOMINGOS:

10:00 – 10:45; Avanzado – Competición

10:45 – 11:30; Perfeccionamento

11:30 – 12:15; Perfeccionamento

12:15 – 13:00; Pre-Golf – Iniciación

TAREFAS MENSUAIS POR ALUMNO

SOCIOS 1/ 15€; 2/12€; 3 o más/10€

NO SOCIOS 1/ 25€; 2/22€; 3 o más/20€

LIGA DA ESCOLA INFANTIL.

Ademáis levarase a cabo unha Liga da Escola Infantil. Disputarase unha proba os últimos domingos de cada mes, en esta proba os nenos xogaran 9, 4 ou 3 buracos, dependendo do seu nivel.

A inscripción a estas probas abrirase con unha semana de antelación e avisarase, tanto da apertura da inscripción como dos horarios de saida, a través de correo eléctronico, polo que é imprescindible que antes de comezar a escola todos os pais, independemente de que os nenos estiveran xa antes na escola, cubran a folla de alta con todos os datos, especialmente teléfono e correo electrónico de contacto.

INFORMACIÓN XERAL.

Os grupos terán un máximo de 6 alumnos por hora.

Os alumnos do curso 2021-2022 terán prioridade, antes do 15 de setembro, para solicitar horarios sobre as novas inscripcions.

As inscripcións formalizaranse cubrindo o formulario correspondente dispoñible nas oficinas do Clube.

Para asistir a escola de golf será obligatorio posuir licencia federativa. Os alumnos que non a teñan deberán tramitala o darse de alta.

Debense seguir as “normas de etiqueta” tamén na escola de golf. A indumentaria obrigatoria é polo, xersei e cortaventos, pantalón ou bermudas.

O rematar as clases os domingos, dependendo da dispoñibilidade do campo, poderán salir a xogar para presentar unha tarxeta válida para handicap (min. 6 xogadores)