Cafetería y Restauración - Info. y Reservas: 981 04 56 51 · 635 64 34 35                                                                                 info@herculesgolf.com · 981 64 25 45

Nova estación de subministración e lavado de bólas

Coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña adquirimos recentemente unha nova estación de subministración e lavado de bólas para a nosa Cancha de Prácticas.
Esta nova estación está composta por unha unidade lavabolas da marca Rangeking, un elevador de bólas da mesma firma, e unha nova máquina dispensadora con capacidade para 11.000 bólas da firma EGM.
Todo o equipamento conta cunha subvención o 80% por parte da Deputación da Coruña, e permitirá dispoñer en todo momento de bólas limpas e en cantidade suficiente para todos os usuarios da Cancha de Prácticas.