Cafetería y Restauración - Info. y Reservas: 981 04 56 51 · 635 64 34 35                                                                                 info@herculesgolf.com · 981 64 25 45

TORNEO COMMCENTER 2021

O vindeiro sábado 24 de abril celebrarase no noso campo o Torneo de golf CommCenter 2021. Un clásico no noso calendario.
Xa está aberta a inscrición nas oficinas do club, que se pode facer de xeito presencial ou chamando ao 981 64 25 45.
Este torneo dispútase baixo a modalidade stableford individual e como en anos anteriores haberá un premio para o campión scratch e o 1º e 2º hándicap clasificado en cada categoría.
O Torneo Commcenter é puntuable para a Orde do Mérito anual.
O prezo da Green Fee, 15 € para os socios e 30 € para os non socios.